CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Instalacións necesarias para completar a rexeneración dun vertedoiro

Ademais das sucesivas capas de selado as obras inclúen unha serie de instalacións para completa-lo labor de rexeneración do vertedoiro.

  • Control de gases: O sistema de condución de gases pode ser pasivo ou activo. Se o volume de gas xerado non é importante execútase un sistema de extracción pasivo, a capa de drenaxe é a encargada de recolle-los gases que saen ó exterior mediante unha cheminea.

    Cheminea no vertedoiro clausurado de Vilalba(Lugo)

    Se o volume xerado é importante quéimanse, mediante un facho, antes de saír ó exterior, daquela, non existe a capa de drenaxe, se non que se instalan unha rede de tubos que recollen o gas e o levan ata ó facho, tamén pódese aproveitar este gas para producir enerxía.

    Facho no vertedoiro rexenerado de Marín (Pontevedra)

  • Control de lixivias: Os lixiviados que xeran os residuos son conducidos mediante un dren e expulsados da masa de residuos ata unha balsa ou unha depuradora, se a solución escollida é unha balsa o Concello encárgase periodicamente do seu traslado ata unha depuradora.

     

    Execución do drén de lixiviados no vertedoiro de Lugo (Lugo)

    Vista do drén de lixiviados no fondo do vertedoiro de Lugo (Lugo)

    Balsa para lixiviados no vertedoiro de Laracha (Coruña)

    Depuradora compacta para lixiviados no vertedoiro de Viveiro (Lugo)

  • Control de pluviais: Preténdese que a auga de chuvia non penetre na masa de residuos, por iso, para minimiza-lo seu efecto, execútanse cunetas perimétricas para conduci-la auga de chuvia fóra da superficie do vertedoiro.
  • Control de accesos: Por último, para impedi-lo paso libre de persoas e animais, execútase un peche perimétrico.

    Vista de cuneta perimetral no vertedoiro de Ourense