CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Como se identifica un residuo perigoso?

Un residuo perigoso débese identificar asignándolle dous códigos, o código LER (anexo 2 da Orde MAM/304/2002, Lista Europea de Residuos) e o código do RD 952/1997 (anexo 1).

Que é a lista europea de residuos?

É unha ferramenta de xestión que, mediante una sistema de lista única, especifica as substancias que poden ser residuo e cales deben ser consideradas residuos perigosos.

A lista está estructurada en 20 capítulos que se corresponden con outros tantos tipos de actividades xenéricas xeradoras de residuos. Cada capítulo, á súa vez, divídese en subcapítulos, que se corresponden con procesos xerais que poden darse na actividade. Para cada subcapítulo indícanse as substancias que poden ser residuo.

Cómo se asigna un código LER a un residuo?

Os pasos a seguir para asignar un código da lista a un residuo son os seguintes:

  1. Localizar a actividade que xera o residuo nos capítulos 01 a 12 ou 17 a 20.
  2. Buscar o código apropiado para o residuo na relación de residuos da actividade, excluídos os códigos 99 dos ditos capítulos.
  3. Se non se atopa ningún código apropiado nos 01 a 12 ou 17 a 20, consultaranse os capítulos 13, 14 e 15.
  4. Se o residuo non se atopa en ningún destes capítulos, buscarase no 16.
  5. Se tampouco se atopa no capítulo 16, deberase empregar o código 99 no subcapítulo que corresponde á actividade identificada no primeiro paso.

Cómo se identifica un residuo perigoso na lista europea de residuos?

Considéranse residuos perigosos os que aparecen na lista europea de residuos sinalados cun asterisco (*). A este criterio xeral hai que aplicarlle a seguinte consideración:

Os residuos que, na lista europea de residuos, están clasificados como perigosos por referencia específica ou xeral a unha substancia perigosa, só serán perigosos se as concentracións de esas substancias son suficientes para que o residuo amose unha ou máis das características que o catalogan como perigoso.

Para as características de perigosidade H3 a H8, H10 e H11, a partir das que se consideran perigosos, indícanse no anexo 2 da Orde MAM/304/2002, a cualificación destas características asignarase conforme os criterios establecidos no RD 363/1995 do 10 de marzo

SUBSTANCIA CLASIFICADA CONCENTRACIÓN
(% en peso)
Moi tóxicas0,1 %
Tóxicas3 %
Nocivas25 %
Corrosivas (R35)1 %
Corrosivas (R34)5 %
Irritantes (R41)10 %
Irritantes (R36, R37 ou R38)20 %
Canceríxeno de categoría 1 ou 20,1 %
Canceríxeno de categoría 31 %
Tóxico para a reproducción da categoría 1 ou 2 (R60 ou R61)0,5 %
Tóxico para a reproducción da categoría 3 (R62 ou R63)5 %
Mutaxénica da categoría 1 ou 2 (R46)0,1 %
Mutaxénica da categoría 3 (R40)1 %

Se a perigosidade das substancias corresponde a calquera das outras características de perigosidade (H1, H2, H9, H12 a H14), independentemente da cantidade de tales substancias, o residuo deberase xestionar como residuo perigoso.