CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Envases de vidro

  • Envases de vidro: botellas
  • Envases de vidro: botes e frascos
  • Punto verde

Definicións

Envase: todo produto fabricado con materiais de calquera natureza e que se utilice para conter, protexer, manipular, distribuír e presentar mercadorías, desde materias primas ata artigos acabados, en calquera fase da cadea de fabricación, distribución e consumo. Consideraranse tamén envases todos os artigos desbotables utilizados con este mesmo fin. Dentro deste concepto inclúense unicamente os envases de venta ou primarios, os envases colectivos ou secundarios e os envases de transporte ou terciarios.

Residuo de envase: todo envase ou material de envase do cal se desprenda o seu posuidor ou teña a obrigación de desprenderse en virtude das disposicións en vigor.

Envases de vidro: botellas, botes e frascos de vidro utilizados para alimentos, bebidas, produtos de beleza ou hixiene

Marcado e identificación

Dende a entrada en vigor no ano 1998 da Lei de Envases, Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases, todos os envasadores e comerciantes de produtos envasados consumidos por particulares ou domésticos teñen obriga de financiar e poñer en funcionamento un sistema de recollida selectiva e reciclado dos envases que poñen no mercado. Esta obriga legal pódese cumprir de dúas formas:

  • Individualmente, mediante un sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR).
  • Colectivamente, a través dun sistema integrado de xestión (SIX).

Esta obriga reforzase co título IV da nova Lei de residuos: responsabilidade ampliada do produtor do produto.

Deste xeito os envases de vidro que se poñen no mercado por empresas adheridas ao SIX deben identificarse mediante o símbolo denominado “Punto Verde” que se mostra a continuación punto verde na súa superficie exterior de maneira visible, lexible e indeleble.

Segundo o indicado na Disposición adicional 1ª da citada Lei quedan excluídos destas obrigas os envases industriais ou comerciais, que son aqueles que non son de uso e consumo ordinario nos domicilios particulares. Sen embargo o responsable da posta no mercado poderá voluntariamente adherirse a un SIX.

No caso de adherirse ao indicado na Disposición adicional 1ª estes axentes económicos deben comunicalo a cada unha das Comunidades Autónomas onde comercialice os seus produtos e indicar aos seus clientes que cando o envase se converta en residuo son eles, como posuidor final dos residuos, os responsables da súa entrega a un xestor autorizado.
 

Subministro de información

Os axentes económicos implicados na xestión dos envases deben subministrar ao órgano competente da Comunidade autónoma na que estean domiciliados a información que obre no seu poder de acordo co establecido no artigo 15.

Para as empresas adheridas a un SIX de envases o propio SIX facilita o cumprimento deste requisito legal. Pode consultar máis información sobre a declaración de envases premendo aquí.
 

Plan empresarial de prevención

Os plans empresariais de prevención elabóranse co obxectivo de reducir a cantidade de residuos de envases que se xeran ao comercializar os produtos. O artigo 3 do Real Decreto 782/1998, do 30 de abril polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases establece que estarán obrigados a elaborar un plan empresarial de prevención os responsables da posta no mercado de produtos envasados ou de envases industriais ou comerciais que, tralo seu uso, xeren unha cantidade de residuos de envases de vidro superior ás 250 t. 

No caso de que a empresa estea adherida a algún SIX de envases o plan empresarial de prevención poderá ser elaborado polo propio SIX. Pode consultar máis información sobre a como elaborar o plan empresarial de prevención premendo aquí .
 

Codificación e clasificación

Os residuos de envases de vidro segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira:

CÓDIGO LER

DESCRICIÓN

15 01 07

Envases de vidro