CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Aparellos eléctricos e electrónicos

  • Categoría 1
  • Categoría 2
  • Categoría 3
  • Categoría 4
  • Categoría 5
  • Categoria 6
  • Categoria 7
  • Categoria 8
  • Categoría 9
  • Categoría 10

Definicións

Aparellos eléctricos e electrónicos (AEE): aqueles que necesitan para funcionar corrente eléctrica ou campos electromagnéticos, destinados a ser utilizados cunha tensión non superior a 1.000 V en corrente alterna e 1.500 V en corrente continua, e os aparellos necesarios para xerar, transmitir e medir tales correntes e campos.

Produtores de aparellos eléctricos e electrónicos: as persoas físicas ou xurídicas que, con independencia da técnica de venda utilizada, incluídas a venda a distancia ou a electrónica, fabriquen e vendan aparellos eléctricos e electrónicos con marcas propias, poñan no mercado con marcas propias os aparellos fabricados por terceiros e os que os importen de ou exporten a países terceiros.

Non se considerará produtor o distribuidor se a marca do produtor figura no aparello, cando o propietario desa marca estea rexistrado no Rexistro de establecementos industriais de ámbito estatal.

Non terá a condición de produtor a persoa física ou xurídica que exclusivamente financie operacións de posta no mercado, salvo que actúe como produtor segundo algún dos casos previstos no parágrafo anterior.

Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): aparellos eléctricos e electrónicos, os seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais, a partir do momento en que pasan a ser residuos.

O Real Decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos electrónicos e a xestión dos seus residuos, clasifica os diferentes RAEE nas seguintes categorías:

  • Categoría 1. Grandes electrodomésticos
  • Categoría 2. Pequenos electrodomésticos
  • Categoría 3. Equipos de informática e telecomunicacións
  • Categoría 4. Aparellos electrónicos de consumo
  • Categoría 5. Aparellos de iluminación
  • Categoría 6. Ferramentas eléctricas e electrónicas
  • Categoría 7. Xoguetes e equipamentos deportivos ou de tempo libre
  • Categoría 8. Aparellos médicos
  • Categoría 9. Instrumentos de vixilancia e control
  • Categoría 10. Máquinas expendedoras

O anexo I do Real Decreto 208/2005 aporta unha lista indicativa dos produtos incluídos nas diferentes categorías.

Distribuidor ou vendedor:

Calquera persoa que subministre aparellos eléctricos e electrónicos, en condicións comerciais, a outra persoa ou entidade que sexa usuario final do devandito produto.

Marcado e identificación

No artigo 10 do Real Decreto 208/2005, establecese que todos os aparellos se deberán marcar para identificar o produtor e para deixar constancia de que foron posto no mercado despois do 13 de agosto de 2005. Ademais os destinados aos fogares marcaranse co símbolo que se mostra a continuación de maneira visible, lexible e indeleble. Excepcionalmente, se o aparello non se pode etiquetar o símbolo estamparase no envase, nas instrucións de uso e na garantía do aparello.

raees

Símbolo de recollida selectiva de RAEE

Codificación e clasificación

Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira:

 

CÓDIGO LER

DESCRICIÓN

20 01 21*

Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio

20 01 23*

Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorcarbonos

20 01 35*

Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21 e 20 01 23, que conteñen compoñentes perigosos

20 01 36

Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21, 20 01 23 e 20 01 35

16 02 09*

Transformadores e condensadores que conteñen PCB

16 02 10*

Equipamentos desbotados que conteñen PCB, ou están contaminados por eles, distintos dos especificados no código 16 02 09

16 02 11*

Equipos desbotados que conteñen clorofluorocarbonos, HCFC, HFC

16 02 12*

Equipamentos desbotados que conteñen amianto libre

16 02 13*

Equipamentos desbotados que conteñen compoñentes perigosos, distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 12

16 02 14

Equipamentos desbotados distintos dos especificados nós códigos 16 02 09 a 16 02 13