CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Como se xestionan?

A gran maioría dos produtores de AEE optan, para cumprir coas súas obrigas, polos SIX e estes prestan o seu servizo a través de OFIRAEE (Oficina de Coordinación de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos)

Obrigas dos produtores

O Real decreto 208/2005 do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos electrónicos e a xestión dos seus residuos esixe a todos os produtores de aparellos eléctricos e electrónicos o cumprimento das súas principais obrigas (xestión dos residuos e marcaxe dos aparellos). Entre outras cousas, están obrigados a:

  • Adoptar as medidas necesarias para que os residuos destes aparellos sexan recollidos de forma selectiva e teñan unha correcta xestión medioambiental, para o cal establecerán sistemas para recoller e xestionar o tratamento dos residuos procedentes dos seus aparellos, ben de forma individual ou a través dun ou varios Sistemas Integrados de Xestión (SIX), asumindo en ámbolos dous casos a responsabilidade de financiar os custos da dita xestión.
  • Establecer sistemas para a recollida selectiva dos residuos de aparellos que non procedan dos fogares particulares e para que sexan transportados aos centros de tratamento, e financiar o custo da xestión destes residuos cando subministren un novo.
  • Inscribirse no Rexistro Nacional de Produtores de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (REI-RAEE).
  • Declarar a súa condición de produtor ante a Comunidade Autónoma onde teña situada a súa sede social ou o seu representante legal (Modelo de declaración versión doc / versión pdf)
  • Deseñar os aparellos de xeito que non conteñan chumbo, mercurio, cadmio, cromo hexavalente, polibromobifenilos, ou polibromodifeniléteres, salvo excepcións do anexo II do Real Decreto 208/2005.
  • Marcar os aparellos que poña no mercado e os destinados aos fogares sinalalos co símbolo de de recollida selectiva.
  • Informar sobre o significado do símbolo de recollida selectiva (anexo I do Real Decreto 208/2005) nas instrucións de uso, garantía ou documentación que acompañe ao aparello, así como dos posibles efectos sobre o medio ou a saúde humana das substancias perigosas que pode conter.

Rexistro de produtores de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (REI-RAEE)

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo xestiona o Rexistro Nacional de Produtores de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (REI-RAEE).

Este Rexistro ten carácter único e estatal, e responde aos requirimentos da Directiva 2003/92/CE sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, na que se prevé a creación dun rexistro estatal en cada un dos Estados membros.

Mediante unha aplicación web, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pon a disposición dos produtores de aparellos eléctricos e electrónicos un sistema de información que permite:

  • a inscrición no Rexistro de Produtores
  • a declaración trimestral de aparellos eléctricos e electrónicos postos no mercado
  • a asignación da cota de mercado para cada produtor ou Sistema Integrado de Xestión (SIX) para o establecemento das responsabilidades sobre os residuos históricos
  • acceso público á información relevante

Xestión

Cando os residuos proceden de fogares particulares:

Os usuarios de aparellos eléctricos e electrónicos utilizados nos seus fogares deberanos entregar, cando se desfagan deles, nos lugares habilitados para elo:

  • Aos sistemas de recollida e xestión implantados polos fabricantes.
  • Cando adquira un novo produto, que sexa de tipo equivalente ou realice as mesmas funcións que o aparello que se desbota, poderá entregalo no acto da compra ao distribuidor.
  • Aos sistemas de recollida municipal previstos polos concellos.

Os custos de xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos procedentes de fogares particulares serán financiados de forma colectiva por todos os produtores existentes no mercado, en proporción á súa cota de mercado por tipo de aparello.

Cando os residuos non proceden de fogares particulares:

  • Aparellos eléctricos e electrónicos adquiridos antes do 13 de agosto de 2005: Se os aparellos se substitúen por outros novos equivalentes ou que desempeñen as mesmas funcións, o custo da xestión correrá a cargo dos produtores deses aparellos cando os subministren.
  • Se o usuario unicamente entrega o aparello usado para que sexa xestionado, o custo da xestión será pola súa conta, debendo facer entrega do residuo ao sistema de recollida implantado polo fabricante ou ben contratando os servizos dun xestor autorizado.
  • Aparellos eléctricos e electrónicos adquiridos despois do 13 de agosto de 2005: Farase entrega dos residuos aos sistemas de recollida implantados polos fabricantes, os que se deberán facer cargo dos custos de xestión.