CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Como se xestionan?

Os sistemas integrados de xestión non están obrigados a financiar operacións de xestión de aceites usados importados ou adquiridos noutros Estados

Corresponde aos fabricantes de aceites industriais a obriga de asegurar a xestión dos aceites usados xerados pola utilización dos mesmos, segundo o establecido no Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, e a de sufragar o custo total das operacións necesarias para isto.

Os produtores e posuidores de aceites usados poderanos entregar directamente a un xestor de residuos autorizado para isto ou ben realizar a entrega aos fabricantes de aceites industriais. Unha vez que os fabricantes se fixesen cargo dos aceites usados, terán a consideración de produtores deses aceites usados.

Os fabricantes de aceites industriais poderán cumprir as obrigas establecidas no Real Decreto 679/2006 participando nun sistema integrado de xestión dos produtos por eles comercializados mediante o cal se garanta a recollida selectiva dos aceites usados xerados, a súa xestión e os obxectivos ecolóxicos.

O tratamento prioritario para a xestión de aceites usados é a rexeneración, definida como un proceso mediante o cal se produce aceite de base industrial por medio dunha nova refinación dos aceites usados, combinando a súa destilación con procesos físicos e químicos que permitan eliminar os contaminantes, os produtos de oxidación e os aditivos que conteñen, ata facelo apto de novo para o mesmo uso inicial.

Os aceites industriais elaborados a partir de aceites de base obtidos de aceites usados rexenerados deberán reunir as especificacións técnicas e as condicións de seguranza esixidas aos aceites novos correspondentes para os usos a que estean destinados.

Os sistemas integrados de xestión de aceites usados deberán contar cun logotipo identificativo mediante o cal, polo menos, se poida comprobar que a posta no mercado do aceite industrial e a recollida do aceite usado se leva a cabo a través dese sistema integrado de xestión.

 

O sistema loxístico empregado polos sistemas integrados de xestión cubre todas as operacións de xestión dos aceites usados, é dicir, recollida, transporte, almacenamento, análise, tratamento previo e secundario e xestión final mediante rexeneración ou outras formas de reciclaxe. Estas operacións son realizadas polos xestores autorizados para a xestión de aceites usados.

Repercusión do custo da xestión na factura

Os fabricantes deberán informar aos usuarios sobre a repercusión no seu prezo final dos custos de xestión dos aceites usados que se xerarán despois do seu uso. Esta información deberá estar desagregada na factura.

Posto que son os fabricantes os que deben asumir ditos custos (ben recollendo directamente os aceites usados e asumindo a condición de produtor ou ben a través dun sistema integrado de xestión), se os fabricantes non ofrecen o servizo de "recollida e xestión" non poden incluír na factura ese concepto.