CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivos da clausura, selado e rexeneración dos vertedoiros de Residuos Sólidos Urbanos (RSU)

  • Vertedoiro de Ourense clausurado
  • Vertedoiro de Ourense durante o selado
  • Vertedoiro de Ourense rexenerado
  • Vertedoiro de Marín (Pontevedra) clausurado, ó inicio das obras
  • Recuperación do medio ambiente

O obxectivo principal deste subprograma é a clausura, selado e rexeneración dos vertedoiros de Residuos Sólidos Urbanos espallados pola xeografía galega, que no vaian seguir sendo empregados, co fin de elimina-los focos de contaminación que ocasionan estes vertidos.

Con esta medida, ademais de elimina-la contaminación,a zona afectada rexenérase de modo que queda integrada de novo no medio.

As actuacións de selado e clausura en cada vertedoiro contemplan:

  • Redacción do proxecto construtivo de detalle de cada vertedoiro.
  • Execución do proxecto.
  • Seguimento ambiental postclausura.

Os criterios das actuacións de selado e clausura establécense de acordo coa Directiva 1999/31/CE do Consello de 26 de abril de 1.999 relativa ó vertido de residuos.

As medidas de protección ambiental que se adoptan en cada actuación inclúen os seguintes elementos:

  • Control de accesos
  • Acondicionamento das superficies de vertido
  • Control da escorrentía superficial
  • Recollida e control de lixiviados
  • Control e extracción de gases
  • Medidas de contención da contaminación de solos e augas subterráneas
  • Cuberta de selado
  • Revexetación das superficies

Detalle da capa de selado:

Capa de selado

Ademais das sucesivas capas de selado as obras inclúen unha serie de instalacións para completa-lo labor de rexeneración do vertedoiro.

A actuación de clausura, selado e rexeneración dun vertedoiro ten 3 fases:

  • Clausura: O vertedoiro é clausurado polo Concello que busca outras alternativas máis respectuosas co Medio Ambiente para elimina-los residuos.
  • Selado: Execútanse as obras de selado do vertedoiro para elimina-la contaminación dos residuos e rexenérase ambientalmente a zona afectada polo vertedoiro.
  • Seguimento e control ambiental: Establécese un Plan de Seguimento e Control Ambiental co fin de:
    • Verifica-la avaliación inicial dos impactos, concretando polo miúdo os parámetros de seguimento da calidade dos factores ambientais afectados.
    • Controla-la realización das medidas correctoras propostas no Estudio de Impacto Ambiental.
    • Proporcionar información sobre a calidade e eficacia das medidas correctoras aplicadas, así como, a non xeración de fontes contaminantes.