Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

BARBANZA

O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos de Barbanza basea o seu modelo no sistema húmido-seco, onde cobra importancia a recuperación do compoñente orgánico do lixo

O Complexo Medioambiental de tratamento de residuos de Barbanza atópase situado no concello de Lousame (A Coruña) e cobre o ámbito de xestión de residuos domésticos da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e dos concellos de Rois, Pontecesures e Ames.

O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos deste modelo é o seguinte:

Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

Esquema de xestión do modelo BARBANZA. Fonte: PXRUG 2010-2020

O Complexo recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dúas liñas de tratamento diferenciadas:

  • Liña de tratamento para a fracción inorgánica: nesta liña segréganse os materiais contidos nesta fracción para o seu envío a empresas de reciclado.
  • Liña de compostaxe da fracción orgánica: nesta liña elaborase compost a través dun sistema de túneles e maduración aerobia.

Este complexo dispón dun vertedoiro onde se depositan os rexeites xerados no propio centro.

Actualmente esta planta é xestionada por FCC- Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

 

Contacto/s relacionados
  • CM. SERRA DO BARBANZA
    Teléfono: 981 191 240