Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
  • Portada
  • >
  • Trámites
  • >
  • Axentes implicados para o traslado transfronteirizo de residuos
|
|
|
Compartir

Axentes implicados no traslado transfronteirizo de residuos

Axentes implicados:

  • Produtor: persoa física ou xurídica que xera os residuos.
  • Notificante: toda persoa física ou xurídica que se propoña trasladar ou facer que se trasladen residuos. Sobre ela recae a obriga de tramitar o traslado transfronteirizo (produtor, destinatario, intermediario,consultor, etc.).
  • Destinatario: a persoa ou a empresa á cal se trasladan os residuos para a súa eliminación ou valorización.
  • Transportista: persoa física ou xurídica que transporta os residuos dende o produtor ata o destinatario.
  • Autoridade competente de expedición: Administración competente do país de onde saen/exportan o residuo.
  • Autoridade competente de destino: Administración competente do país que recibe/importa o residuo.
  • Autoridade de tránsito: Administración/s competente/s do/s país/es por onde pasan os residuos sen ser orixe nin destino.

Autoridades competentes:

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a autoridade competente de expedición/destino no transporte de residuos entre Galicia e o resto de países da Unión Europea.

O Ministerio de Medio Ambiente do Estado español é a autoridade competente para a importación/exportación de residuos entre Galicia e os países que non pertencen á Unión Europea.

Contacto/s relacionados
  • Ministerio de Medio Ambiente. Secretaria General de Medio Ambiente. Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental : Plaza San Juan de la Cruz, s/n
    08071 - Madrid
    Teléfono: 91 597 57 94
    Fax: 91 597 63 61