Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos/eTramitación

Data de publicación: 08.07.2016

Descrición:

O próximo luns, 11 de xullo, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes novidades e melloras:

  •  Incorporación dunha nova pantalla inicial á Plataforma Gaia: GaIA Portal: https://gaia.xunta.es/gaiaPortal/. Desde esta pantalla inicial poderá vostede acceder a:

o   GaIA eResiduos: é o módulo que xa estaba en funcionamento, no que como produtor ou xestor de residuos poderá vostede:

-  Cumprir coas súas obrigas no traslado de residuos.

-  Realizar a levanza do arquivo cronolóxico.

-  Xerar informes anuais do seu arquivo cronolóxico.

o   GaIA eTramitación: trátase dun novo módulo da plataforma GaIA que nace co obxectivo de proporcionar ás empresas unha ferramenta para realizar trámites administrativos dun xeito telemático, así como consultar a información dos seus expedientes. Nesta primeira versión, GaIA eTramitación permitiralle:

-  Actualizar a información básica da súa entidade neste Rexistro.

-  Consultar as súas inscricións e autorizacións no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de residuos de Galicia.

  •  Acceso unificado ós módulos da Plataforma GaIA: se vostede é usuario de GaIA eResiduos, poderá solicitar a alta no novo módulo de eTramitación, a través do enlace “Activar”, e poderá acceder a este novo módulo co mesmo usuario e contrasinal, ou co seu certificado electrónico.
  • Acceso ó manual de GaIA eResiduos: agora pode vostede acceder ó manual da aplicación desde a pantalla de login, de forma previa ó acceso con usuario e contrasinal.
  • Petición de alta de novos contactos desde o seu módulo de Mestres/Contactos: Solucionado o erro de creación de centros ou empresas de fóra de Galicia.
  • Nova versión do applet de sinatura electrónica: agora para Windows pode vostede empregar unha aplicación de sinatura electrónica desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións públicas”.

o   Consulte máis información sobre a sinatura electrónica no seguinte enlace: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Ciudadanos/Aplicaciones-Firma.html

o   Pode descargar a aplicación de Autofirma desde o seguinte enlace: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html

  • Avisos a usuarios de GaIA eResiduos: engadíronse dous novos avisos, que facilitarán a xestión de notificacións previas e traslados:

o   Aviso mensual con un listado de notificacións previas que finalizan o seu período de validez no próximo mes, para que poidan, de ser necesario, crear novas NT ou duplicar as existentes en prazo.

o   Aviso semanal con un listado de documentos de traslado sen asinar, que deberían asinar na próxima semana para cumprir cos prazos establecidos na lexislación.

  • Listado de notificacións previas: Neste listado xa non se lle mostrarán aquelas NT anuladas, con vistas a que nun futuro se vaia depurando a información almacenada neste listado. Para buscar unha NT anulada, que xa tivera vencido o seu período de validez, debe vostede empregar o buscador avanzado de NTs.
  • Lista de traslados: para mellorar o rendemento deste módulo, sepárase a lista existente en tres:

o   Lista de traslados perigosos.

o   Lista de traslados non perigosos.

o   Lista de outros traslados (Transfronterizos, Entradas/Saídas de planta, ...).

  • Lista de traslados: En cada unha das novas listas, engádese un filtro que permite mostrarlle os traslados que ten pendentes de asinar.
  • Busca avanzada: tanto no módulo de traslados como no módulo de arquivo cronolóxico, mellora da busca de traslados, reducindo os campos cos posibles estados dos traslados (Anulado, Creado, Enviado, Aceptado e Rexeitado), no apartado de “Datos Xerais”.

Aproveitamos para indicarlles que estamos a actualizar o manual da plataforma para incluír as novas funcionalidades da mesma. No momento no que estea dispoñible a nova versión, publicaremos un aviso neste mesmo apartado de “NOVAS” da web do SIRGa.

 

Subir