Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nota informativa sobre almacenamento de RAEE

Data de publicación: 27.10.2016

Descrición:

O MAGRAMA emite a seguinte nota informativa sobre o correcto almacenamento dun tipo de RAEE: os quentadores eléctricos de AQS.

Os quentadores eléctricos de AQS son aparellos de intercambio de temperatura, que ademais posúen unhas escumas illantes que conteñen gases expansores (CFC, HC, etc...). Por ese motivo o tratamento que deben recibir, unha vez convertidos en residuos, é similar ao dos frigoríficos, AC, etc..., equipos contidos na FR1 (aparellos con CFC, HCFC, HC, NH3)." 

En vista do anterior, comunicámoslles que os quentadores eléctricos de AQS deben almacenarse nos puntos de recollida xunto cos RAEE pertencentes á fracción FR1/A1 e NON co resto de grandes aparellos (FR4/A2), sendo polo tanto a súa xestión como residuo perigoso baixo o código LER 200123*.

 

Subir