CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convocatoria de axudas do MAPAMA - RESIDUOS 2018

Data de publicación: 14.02.2018

Descrición:

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) lanza a convocatoria de Axudas Residuos 2018 (PIMA Residuos e PEMAR) para promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e avanzar na consecución dos obxectivos da Directiva 2008/98/CE de Residuos, da Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR), así como no cumprimento dos obxectivos relativos ás enerxías renovables.

 

·         Axudas para o fomento da compostaxe

 

Estas axudas están enfocadas a impulsar a implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais e a compostaxe.

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

 

Proxectos de recollida separada de biorresiduos para o seu tratamento biolóxico.

Proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria de biorresiduos.

Proxectos de construción de instalacións de compostaxe destinadas ao tratamento de biorresiduos.

 

·         Recollida separada de aceite de cociña usado

 

Os proxectos susceptibles de financiamento son os proxectos de recollida separada de aceite de cociña usado para fabricación de biocarburante.

 

·         Proxectos de biogás

Estas axudas están enfocadas a incentivar usos de biogás alternativos á queima en fachos ou de xeración eléctrica, así como a cambios en procesos que incrementen a xeración de biogás.

 

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

 

- Proxectos de depuración e inxección de biogás na rede.

- Proxectos de depuración e uso en frotas de transporte.

- Proxectos de uso en motores de coxeneración.

- Proxectos de uso de biogás para produción de calor. 

- Proxectos de cambio nos procesos destinados a aumentar a xeración de biogás.

 

Tramitación e financiamento

 

As entidades locais deberán dirixir a súas solicitudes, de forma telemática, á Subdirección Xeral de Residuos. Adicionalmente, e para axilizar a  tramitación das solicitudes co MAPAMA, prégase tamén a remisión dos proxectos ao correo electrónico: 

residuos.economia.circular@xunta.gal

 

O prazo para remitir as solicitudes á Subdirección Xeral de Residuos remata o 31 de marzo. 

 

Corresponde ao MAPAMA a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados. E, no caso de que o crédito non sexa suficiente para financiar todos os proxectos, seleccionaranse os proxectos a financiar por orde de entrada no Rexistro da Comunidade Autónoma.

Documento/s relacionados
  • Resumo convocatoria axudas MAPAMA 2018 Descargar
  • Bases convocatoria AXUDAS RESIDUOS 2018 (PIMA E PEMAR) Descargar
  • Formularios AXUDAS Recollida Separada Biorresiduos 2018 Descargar
  • Formularios AXUDAS Compostaxe doméstica e comunitaria 2018 Descargar
  • Formularios AXUDAS Instalacións de compostaxe 2018 Descargar
  • Formularios AXUDAS Recollida Separada Aceite de Cociña 2018 Descargar
  • Formularios AXUDAS Biogás 2018 Descargar
Subir