CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada sobre Economía Circular

Data de publicación: 24.11.2017

Descrición:

O próximo día 30 de novembro entre as 9:30 h e as 18.30 horas, desenvolverase no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) unha Xornada sobre Economía Circular.

A Xornada sobre Economía Circular é un punto de encontro co coñecemento e as mellores prácticas para impulsar un desenvolvemento comprometido co medio ambiente e coa xeración de emprego e oportunidades para o tecido produtivo galego. A través de conferencias e mesas redondas con casos de éxito, a Xunta de Galicia pretende poñer o foco sobre a responsabilidade compartida que temos ante os novos retos que derivan do quecemento global e o esgotamento dos recursos naturais.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, consciente do papel que xogan as administracións públicas dentro do emprego eficiente dos recursos, pon en marcha esta iniciativa coa colaboración de Ecoembes.

Para inscribirse prema aquí.

Subir