CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

XXXIX Xornada temática da Rede Estatal de Autoridades Ambientais

Data de publicación: 15.11.2017

Descrición:

 

O próximo xoves 23 de novembro a partir das 9 h, desenvolverase no Hotel AC Palacio do Carmen unha xornada temática da Rede Estatal de Autoridades Ambientais que este ano versará sobre Medio Mariño e Residuos e Fondos Europeos.

A contaminación mariña é un dos maiores retos ambientais aos que nos enfrontamos, polo que desde a Xunta de Galicia temos o firme compromiso de poñerlle freo, dando a coñecer esta problemática na busca de compromisos por parte de todos, para loitar conxuntamente contra as basuras mariñas desde unha perspectiva global e coordinada.

Esta xornada temática desenvolverase coa colaboración da Comisión Europea, do Ministerio de Medio Ambiente e da Consellería do Mar.

Documento/s relacionados
  • Invitación Xornada Medio Mariño e Residuos e Fondos Europeos Descargar
Subir