CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova Versión da Plataforma GaIA - eResiduos

Data de publicación: 08.09.2017

Descrición:

 

Onte, 7 de setembro, púxose en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA. Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes novidades e melloras:

  • Módulo de contactos: desde este módulo habilitouse unha conexión co buscador de xestores e transportistas dispoñible na web do SIRGa, para poder visualizar máis cómodamente as autorizacións dunha entidade.

  • Módulo de Notificacións previas:

    • NT en estado “PENDENTE”: en caso de que unha notificación quede pendente por non cumprir coa antelación esixida na normativa, os usuarios poden modificar a data de inicio do traslado a unha posterior que sí cumpra cos 10 días de antelación. Deste modo a notificación pasará a estado “ACEPTADA”.

    • NT non empregadas: habilítase unha nova opción de “Eliminar” notificacións previas, sempre que non teñan traslados asociados (DCS xerados desde a NT). Esta opción elimina permanentemente a NT da plataforma. No caso de que a NT xa fose utilizada, pero non a necesiten para o futuro, poderan empregar a opción de “Anular”.

  • Módulo de arquivo cronolóxico: solucionado un problema que estaba a impedir que algunhas entidades puidesen xerar o seu informe de arquivo cronolóxico en pdf.

  • Módulo de traslados:

    • Traslado de residuos perigosos: elimínase do formulario de creación de DCS o campo “matrícula”. A día de hoxe xa non constan nas inscricións de transportista as matrículas dos vehículos empregados para o transporte de residuos. Polo tanto esa información xa non é necesaria no documento de traslado.

    • Traslado de residuos non perigosos: Inclúese unha nova funcionalidade de “Editar datos de envío”. Desta forma a partir de agora poderase editar a data e os kgs tamén nos traslados de residuos non perigosos.

    • Listado de traslados pendentes de asinar: Inclúense un novo filtro que mellora os resultados mostrados. A partir de agora non se mostran neste listado aqueles traslados para os cales o plazo de sinatura xa está pechado. Mostraránse unicamente os traslados non asinados do ano en curso.

 

Subir