Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada de presentación do novo Plan de Xestión de Residuos Industriais 2016-2022

Data de publicación: 17.04.2017

Descrición:

O próximo día 26 de abril en horario de 10 h a 14 h, desenvolverase na sede da Fundación Barrié unha xornada técnica de presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022.

O PRIGA, aprobado polo Consello da Xunta o 22 de decembro de 2016 e dotado dun orzamento de 19 millóns de euros, establece a folla de ruta para a correcta xestión dos residuos industriais en Galicia.

Este Plan súmase ao Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia e subsume o Programa de prevención de residuos industriais e o Programa de xestión de residuos de construción e demolición cuxa vixencia rematou no ano 2016. Deste xeito, a Xunta culmina o proceso planificador en materia de residuos dando efectivo cumprimento á Directiva marco de residuos.

Entre os 13 obxectivos estratéxicos que fixa o PRIGA destacan os seguintes: a redución en 2020 da xeración dos residuos industriais como mínimo nun 10% fronte aos valores de 2010; o fomento da I+D+i no campo da prevención; reducir os efectos a nivel de cambio climático; e tender ao establecemento dunha economía circular.

O obxectivo desta xornada polo tanto é dar a coñecer os detalles deste Plan e achegar os conceptos, principios e estratexias de cara a mellorar e acadar unha correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos, sendo de especial interese para o sector produtor e xestor de residuos industriais de Galicia.

Documento/s relacionados
  • Invitación Xornada PRIGA 26 abril Descargar
  • Relatorio: Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022 (PRIGA) Descargar
  • Relatorio: Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) Descargar
  • Relatorio: Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG) Descargar
  • Mesa Redonda Descargar
Ligazon/s relacionadas
Subir