CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convocatoria de axudas do MAPAMA - 2017

Data de publicación: 03.04.2017

Descrición:

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA) lanza a convocatoria de 6 liñas de axudas para a mellora do medio e a integración das políticas de calidade ambiental coas de loita contra o cambio climático.

 

  • Compostaxe

  • Aceites domésticos

  • Biogás

  • Vertedoiros

  • Mellora da xestión de residuos en puntos limpos

  • Mellora da xestión de RAEE en puntos limpos

PIMA Residuos

No marco dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente (PIMA), o MAPAMA convoca axudas en materia de compostaxe, aceites de cociña usado xerado no ámbito doméstico e biogás, para impulsar accións que contribúan á redución dos gases de efecto invernadoiro e avanzar no cumprimento de obxectivos da normativa vixente.

A contía do financiamento por parte do PIMA determinarase en función do alcance do proxecto e as actuacións solicitadas, tendo en conta as directrices que establecen as bases e os anexos da convocatoria para cada tipo de proxecto.

Así mesmo, no marco da implementación do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos 2016-2022 (PEMAR), o MAPAMA impulsa e financia proxectos relativos ao selado de vertedoiros de residuos da construción e demolición así como á mellora da xestión de residuos en puntos limpos.

Por outra banda, para a adecuación dos puntos limpos á nova normativa de RAEE, o MAPAMA impulsa, e financia, proxectos destinados á mellora das instalacións de puntos limpos sempre que ditas actuacións redunden na mellora da xestión destos RAEE.

Tramitación e financiamento

A contía do financiamento determinarase en función do alcance do proxecto e as actuacións solicitadas, tendo en conta as directrices que establecen as bases da convocatoria para cada tipo de proxecto.

As solicitudes formuladas para beneficiarse desta convocatoria deberán presentarse a través da dirección de correo: tecnicos.coordinacion@xunta.es.

O prazo de presentación dos proxectos remata o 3 de maio.

Corresponde ao MAPAMA a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados.

Documento/s relacionados
  • Resumo convocatoria axudas MAPAMA 2017 Descargar
  • Bases convocatoria PIMA RESIDUOS 2017 Descargar
  • Bases convocatoria Implementación PEMAR: puntos limpos e vertedoiros Descargar
  • Bases convocatoria Adecuación Puntos Limpos á normativa de RAEE Descargar
Subir