CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Entrega de residuos perigosos procedentes de particulares nas plantas de xestión autorizadas

Data de publicación: 30.11.2016

Descrición:

Esta nota substitúe á publicada o 22/01/2013, na que se especificaban os criterios para documentar a entrada de residuos perigosos, especialmente baterías, nas plantas de xestión autorizadas diferenciando as entregas de procedencia domiciliaria das que non proceden do ámbito doméstico.

De acordo co artigo 19 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, o procedemento de control e seguimento sobre a rastrexabilidade dos residuos perigosos de procedencia doméstica iniciarase a partir de que estes residuos sexan aceptados por unha entidade ou empresa rexistrada para a súa recollida ou tratamento.

O 26 de outubro púxose en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, na que se habilitaba un novo apartado de “entregas en planta” para rexistrar as entradas en planta de residuos entregados por particulares directamente nunha instalación autorizada:

Esta opción atópase no módulo de Traslados / Outros tipos de traslados / Crear entregas en planta.

Deberán cumprimentar os datos que lle aparecen na pantalla para poder rexistrar a entrega de residuos procedentes de particulares. Deben identificar a orixe do residuo mediante o NIF do particular que fai a entrega do residuo directamente na instalación de tratamento autorizada. O campo “código de entrega” non é obrigatorio. Este código pode servirlles para poder identificar máis facilmente as distintas entregas en planta.

Para que os datos das entregas en planta consten no seu arquivo cronolóxico deben confirmalos premendo no botón “confirmar” que lles aparecerá no menú da dereita ó acceder a unha entrega en planta. A entrega de residuos en planta non require sinatura electrónica.

Esta ferramenta só poderá empregarse polos xestores no caso dos residuos perigosos de procedencia doméstica que sexan entregados directamente en planta por particulares que non se dediquen profesionalmente ó transporte de residuos. No resto de casos, as entradas de residuos perigosos nas plantas de xestión autorizadas teñen que documentarse na forma prevista na lexislación relativa a traslados de residuos perigosos.

Pode consultar no seguinte enlace aclaracións sobre o transporte profesional de residuos.

 

Subir