CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Aclaracións relativas ao transporte de residuos

Data de publicación: 30.11.2016

Descrición:

En relación coa figura de transportista de residuos recollida na lei 22/2011, do 28 de xullo, realízanse as seguintes aclaracións:

Transporte profesional de residuos

As diferenzas entre o transporte profesional de residuos e o transporte non profesional de acordo co indicado na Guía de interpretación da Directiva Marco de Residuos son as que se indican a continuación a efectos de exixencia de presentación de comunicación e inscrición no rexistro.

  • Considérase transporte profesional ao que se leva a cabo de forma regular. As empresas produtoras de residuos que de forma regular transportan os seus propios residuos, deben ser consideradas como transportistas profesionais de residuos e ser inscritas como tales no Rexistro.
  • Non se considera transporte profesional de residuos o transporte de residuos domésticos realizado polos cidadáns que xeran ese residuo ata os puntos de recollida.

Transporte SANDACH:

O transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano cubertos polo Regulamento (CE) n.º 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano e polo que se derroga o Regulamento (CE) n.º 1774/2002 non queda excluído do ámbito de aplicación da normativa de residuos cando o destino destes é un xestor de residuos, polo que os transportistas deberán cumprir co establecido na lei 22/2011 e, en consecuencia, presentar comunicación da súa actividade para inscribirse no rexistro como transportistas de residuos e cumprir a normativa sobre rastrexabilidade de residuos.

 

Subir