CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos/eTramitación

Data de publicación: 25.10.2016

Descrición:

O próximo mércores, 26 de outubro, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes novidades e melloras:

  • Modificacións no acceso á plataforma mediante certificado electrónico, para dar soporte ó acceso con certificado de Representación da FNMT e certificados de Camerafirma.
  • Creación de documentos (NT, DCS e TNP) de forma asíncrona e en segundo plano cando o nº de documentos a crear dunha vez é superior a 10. Unha vez creados os documentos, a plataforma remite unha alerta ó usuario de que o proceso de creación de documentos rematou. Mentres tanto, o usuario pode continuar o seu traballo na plataforma.
  • Módulo de notificacións previas:

o   NT en estado “PENDENTE”: aquelas notificacións que levan máis dun mes pendentes, pasarán automaticamente a estado “ANULADO”.

o   NT propias: as notificacións previas non creadas desde a miña conta de empresa, e que non podo empregar para crear traslados, aparecerán con fondo vermello no listado de NT.

o   Melloras na busca avanzada de NT.

  • Módulo de Traslados:

o   Busca avanzada de traslados: engadidos novos filtros para facilitar as buscas; nº de autorización de orixe ou de destino, e descrición do residuo.

o   Entradas/Saídas de materiais: habilítase a eliminación destas entradas e saídas, sempre que estas estean sen confirmar. No caso de que xa se tivera asinado, de forma previa á súa eliminación, debe solicitarse a eliminación de sinatura.

o   Novos tipos de traslados: habilítanse dous novos tipos, para recoller casos nos que non existe un traslado propiamente dito.

-  Autoxestións: movementos de residuos dun proceso a outro dentro dun mesmo centro de traballo.

-  Entregas en planta: entradas en planta de residuos entregados por particulares directamente no centro de traballo.

o   Confirmación de traslados: simplifícase o proceso para aqueles traslados que non requiren sinatura electrónica: entradas e saídas de materiais, autoxestións e entregas en planta. O traslado quedará confirmado premendo no botón de “Confirmar”.

  • Módulo de alertas de eResiduos:

o   Novas funcións de xestión no buzón de alertas. Permítese o marcado ou eliminación dos avisos recibidos.

o   Aviso de traslados sen asinar: soluciónase a incidencia de envío de avisos de traslados do ano 2015. Unicamente se enviarán avisos de traslados pertencentes ó período aberto do arquivo cronolóxico.

  • eTramitación: novas funcións para a xestión de centros propios. Engádese a funcionalidade de solicitude de eliminación dun centro propio. Esta solicitude require unha sinatura electrónica, e a aprobación por parte da administración.

 

Subir