CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Que tipo de traslados se poden tramitar telemáticamente?

  • Recollida dun mesmo residuo a varios pequenos produtores por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-1)
  • Recollida de varios residuos a un mesmo pequeno produtor por parte dun xestor-recolledor (documento SXCR-3)
  • Recollida dun residuo a un gran produtor por parte dun xestor (Documento de Control e Seguimento-DCS)

Vantaxes do procedemento telemático

  • Cun único preaviso pode facer varios traslados.
  • Os datos do traslado so sé introducen unha vez, utilizando a mesma información tanto para a notificación previa como para a emisión do documento de control e seguimento.
  • Os documentos de traslado, unha vez asinados dixitalmente, preséntanse de forma inmediata ante a Administración e o xestor.
  • As notificacións previas (NPT) e os documentos de traslado emitidos quedan rexistrados no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, sen necesidade de presentalos periódicamente en formato papel ante a Administración.
  • Pode obter a relación de traslados realizados para incluír directamente na declaración anual.

Quen pode ser usuario?

  • Todas as empresas produtoras de residuos perigosos que entreguen os seus residuos a xestores autorizados en Galicia.
  • Todos os xestores de residuos perigosos autorizados en Galicia.

Como darse de alta?

Para asinar e rexistrar electronicamente os documentos de traslado de residuos perigosos, unha vez dispoña do certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre(FNMT):

  1. Acceda a  "Acceso SIRGa usuarios rexistrados". Ten que cubrir o formulario de alta como novo usuario de nivel 2 (con certificado dixital).
  2. A consellería responde cun correo electrónico autorizando ou non a nova alta.
  3. O representante legal da empresa debe notificar por escrito (declaración xurada) o persoal autorizado como usuario do sistema.
  4. A consellería remite por correo certificado á persoa responsable dos datos o nome de usuario e contrasinal asignados á empresa.

Que é a sinatura electrónica?

A sinatura electrónica avanzada substitúe á sinatura manual.

A sinatura electrónica permite identificar ao asinante e detectar calquera cambio posterior dos datos asinados. Cun certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) o usuario poderá asinar telemáticamente os documentos de traslado.

O certificado dixital é totalmente gratuíto en www.cert.fnmt.es

Que é o rexistro telemático?

Mediante o Decreto 164/2005 creouse o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia para a recepción ou saída de solicitudes, escritos e comunicacións por vía telemática, e mediante sinatura electrónica, para aqueles procedementos que son obxecto de tramitación electrónica.